0

A Esmorga Filme, de Ignacio Vilar, basada na novela de E. Blanco Amor

A_Esmorga-396572632-large de Ignacio Vilar

A esmorga é unha novela tremendista escrita por Eduardo Blanco Amor que marcou un fito na historia da literatura galega. O libro foi adaptado o cinema por Ignacio Vilar.

A esmorga conta a historia de Cibrán o Castizo (narrador), Xanciño (O Bocas) e Eladio (Milhomes), tres homes que pasan 24 horas de esmorga, que rematarán coa morte de dous deles, mentras que o terceiro e posto a disposición xudicial, sendo na conversa co xuíz como se coñece a historia.

«Crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición»

A Esmorga, 2014. Duración, 111 min.
Director: Ignacio Vilar
Guión: Carlos Asorey, Ignacio Vilar (Novela: Eduardo Blanco Amor)
Música: Zeltia Montes
Fotografía: Diego Romero
Reparto
Karra Elejalde, Ledicia Sola, Miguel de Lira, Antonio Durán ‘Morris’, Sabela Arán, Monti Castiñeiras, Mela Casal, Santi Prego, Alfonso Agra, Patxi Bisquert, Mónica García, Pepo Suevos, Elena Seijo, Covadonga Berdiñas, Yago López, Lois Soaxe, Fina Calleja, Amelia Guede, Melania Cruz
Premios Goya: Nominada a Mellor guión adaptado
Vía Láctea Filmes / Editorial Galaxia / TVG
http://aesmorgafilme.com/es/

«Un estudio gratificante, escuramente surrealista dunhas vidas duras empurradas ó extremo (…) A atmósfera é potente, pero son as interpretacións o que crean a filme» Jonathan Holland: The Hollywood Reporter Críticas

A Esmorga proxectarase nas seguintes salas e cidades a partir do 8 de maio!

11210430_990965437595123_2960782703843061831_n